
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Igrexa de San Xurxo, Rúa San Agustín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos con voo. O pedestal tamén cadrangular está moi moldurado cunha grande escocia, leva unha mesa acaroada co brasón da Galiza. O varal é octogonal co pedestal cadrangular e liso. Leva adornos nos chafráns pola parte inferior da parte octogonal do varal. O capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso. O ábaco tamén octogonal con lados rectos. Tamén ten follas de figueira ou parecidas a estas. A súa cruz é circular con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz queda a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peana dun anxo con ás. Este cruceiro está enmarcado pola imaxes de San Roque, Santa Lucía, Santa Margarida e Santo Nicolao. Estas están asentadas sobre pilastras con inscricións e baixorrelevos da vida e paixón de Cristo. Todo o conxunto está feito en granito un bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.371597255954406Lonxitude: -8.396635204553604
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Xan 17, 2012
Como información complementaria a ficha do Pxom de A coruña da
Igrexa de San Xurxo (Monumento Nacional)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
( páxina 14 de 16)
meiga says:
Mar 31, 2012
Unha referencia bibligráfica: Martín Ruiz, L. Cruceiros na provincia da Coruña, Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999, páx. 703.
Oscar Franco says:
Dec 9, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1503001.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
LAREDO VERDEJO, José María. (2010). Los cruceros coruñeres. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.
LOUZAO-MARTÍNEZ, Francisco-Xabier. (2017). ALEJANDRO CABANELAS E O CRUCEIRO CORUÑÉS DA PRAZA DO MARQUÉS DE SAN MARTÍN. VIII Congreso galego de de cruceiros. Ed: ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS.