Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Igrexa de San Xurxo, Rúa San Agustín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos con voo. O pedestal tamén cadrangular está moi moldurado cunha grande escocia, leva unha mesa acaroada co brasón da Galiza. O varal é octogonal co pedestal cadrangular e liso. Leva adornos nos chafráns pola parte inferior da parte octogonal do varal. O capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso. O ábaco tamén octogonal con lados rectos. Tamén ten follas de figueira ou parecidas a estas. A súa cruz é circular con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz queda a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e sobre unha peana dun anxo con ás. Este cruceiro está enmarcado pola imaxes de San Roque, Santa Lucía, Santa Margarida e Santo Nicolao. Estas están asentadas sobre pilastras con inscricións e baixorrelevos da vida e paixón de Cristo. Todo o conxunto está feito en granito un bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.371597255954406
Lonxitude: -8.396635204553604
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84