Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa Veeduría, Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este edificio foi a antiga residencia dos Condes de Montaos, foille doada á Real Facenda no 1640. A comezos do século XVIII instalouse nela a Contadoría do Soldo do Reino da Galiza, pero no 1725 o edificio é reformado e pasará a ser sede da Intendencia e das oficiñas da Tesourería do Reino da Galiza. Ocupado polo Capitan Xeneral de Galicia, o conde de Itre no 1743 ata súa morte, tiña a obriga de conserva-lo arquivo que alí existía. O conde de Itre sucedeulle o marqués de Croix que a habita mentres non se rematan as obras do Pazo de Capitanía Xeral e Audiencia.
A fachada principal está na rúa de Veeduría. constrúese con tres andares, a principal é a que ten a maior importancia nos seus vans. O desnivel existente nesta rúa e as restantes fai que o edificio presente nas outras fachadas frontes de catro alturas. As galerías engadíronse en época posterior, en consonancia cos novos gustos artísticos. A irregularidade do terreo que ocupa o edificio fai que as distintas dependencias se dispoñan cara á rúa e dominen, deste xeito, o espazo urbán.
A principios do ano 2009 o edificio é desafectado polo Ministerio de Defensa para convertirse no CIRCE, Centro Internacional de Recursos das Culturas Europeas. En teoría tería que convertirse nunha referencia internacional para o estudo e divulgación da cultura europea contemporánea, e que estará adscrito o Ministerio de Cultura.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.370628228196466
Lonxitude: -8.393586874008178
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84