Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Dumbría (Santa Baia)
Lugar: Dumbría- Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular con catro chanzos de altura e pedestal cúbico rematado en chafrán cunha mesa acaraoada ó último chanzo da plataforma. O varal é octogonal e o capitel é corintio con follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. A cabeza está ergueita con coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está anoado á dereita. Polo da cruz está a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é de granito cunha bó estado de conservación. A cruz presentaba unha gran inclinación á dereita. Na semana do día de Santiago, en xullo de 2018, restaurárono, quedando a súa cruz dereita, sen o perigo de vir abaixo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0072931277Lonxitude: -9.11290973425
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84