Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Cantón da Leña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Comezouse a construír en 1859 sendo dirixidas as obras polo tenente coronel do corpo de enxeñeiros Joaquín Montenegro. Rematouse no 1864.
Inicialmente recibe o nome do cuartel do Príncipe Alfonso, máis tarde Alfonso XII e actualmente Atocha. Está dividida en dúa partes iguais, con senllos grandes patios interiores e soportais. Ten tres corpos na súa fachada principal, igual que na parte na posterior. As alas posteriores que limitan os patios teñen soamente un andar. A fachada principal consta de planta baixa e dous andares, presentando dúas portas de acceso enmarcadas por molduras lisas de granito igual cas xanelas. As dúas portadas enmarcadas por pares de pilastras en orde xigante que percorren os tres andares, marcan unha zona de fachada que está lixeiramente destacada sobre o plano xeral do conxunto. Destacan estas dúas zonas pola súa gran monumentalidade ó tempo que rompen coa estructura horizontal e monótona do edificio.
No segundo e terceiro corpo os vans cóbrense con marcos que levan nos seus estremos ménsulas para soportar pequenas cornixas. Sobre a cornixa e no mesmo plano que a fachada sitúanse bufardas rematadas con frontóns triangulares e tellado a dúas augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña», Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37261306118718
Lonxitude: -8.394906520843505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84