Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña. AV. da Mariña, 23
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A actividade portuaria desenvolvida na cidade a partires da segunda metade do século XVIII dá lugar a que se estableza unha Aduana Real pra fiscalizala, dacordo coas novas directrices da Ilustración dadas por Carlos III.
Situado na zona da Mariña, este edificio da Intendencia de Rendas e Aduanas, tivo varias fases na súa construción. A primeira de 1779-80 é a derradeira no 1846.
A fachada da Mariña estructúrase en catro andares; a planta baixa, hoxe con perpiaños almofados, proxectouse como un pórtico alintelado que seguía o esquema compositivo das casas de Paredes. O primeiro corpo ocúpao un salón corrido ó que se abren seis portas de balcón decoradas por frontóns curvos e triangulares en alternancia. O segundo corpo de seis xanelas, enmarcadas por un lixeiro baquetón, está decorado co escudo real no centro. A fachada da rúa Real está máis ornamentada e máis coidada xa que era a fachada principal. Os dous andares únense mediante pilastras de orde xónica sobre a base e, igual cá outra fachada, tamén altérnanse os frontóns no primeiro andar. Esta fachada é posterior ó ano 1780 e imita as solucións arquitectónicas de finais do século XVI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña», Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3694486061075
Lonxitude: -8.400469422340393
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84