Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa Tabernas, 22. Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta casa, hoxe entre medianeiras, moi posiblemente sería unha das residencias construídas nesta parte da cidade polos oidores da Real Audiencia. Componse de baixo e tres andares, a última engadida no século XX. A planta baixa cóbrea un grande arco rebaixado, que hoxe enmarca a porta alintelada. No primeiro andar destacan os vans, en clara simetría cos do segundo andar, con linteis resaltados. No segundo andar os balcóns, lixeiramente curvados, están soportados por unhas ménsulas moi orixinais, xa que presentan unha moldura redondeada en forma de toco. Os vans que dan a estes balcóns levan tamén molduras en forma de filete. Un grande escudo coroa a parte alta da fachada, coadxuvando a crear un gran xogo de luces e sombras. Toda a fachada está construída nunha excelente cantería, sendo hoxe en día propiedade do ex-alcalde Francisco Vázquez.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña», Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.36903719532179
Lonxitude: -8.39417427778244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84