Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A coruña Rúa de San Andrés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

De perfecta cantería en estilo neorrománico, ten unha soa nave de cinco tramos, con nártice ós pés e unha ábsida semicircular. A cuberta con bóveda de crucería para a nave e terceletes na ábsida. Descansan no interior sobre columnas encaixadas con decoración vexetal, e polo exterior sobre contrafortes. A iluminación faise por medio de xanelas verticais con arcos de medio punto. A fachada frontal está dividida en dous corpos, a inferior con portada abocinada e porta cun arco de medio punto e arquivoltas decoradas con detalles xeométricos, xunto cun tímpano de arcos cegos. A superior divídese en tres panos con xanelas con arcos de medio punto, rosetóns con motivos xeométricos e vexetais e unha torre rematada en forma piramidal. Os contrafortes da portada e dos laterais rematan en pequenas torres. Está situada no centro da cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3708731
Lonxitude: -8.395835
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84