Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Praza Obradoiro.
Outra denominación do ben: Hospital dos Reis Católicos
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O antigo hospital , convertido actualmente en parador de Turismo é un dos catro monumentos que contribúen a conformar a praza do Obradoiro. É o monumento civil máis grandioso de Compostela e a súa fachada merece figurar entre as realizacións máis logradas da arte do plateresco, obra dos mestres franceses Guillén Colás e Martín De Blas, que a terminaron en pouco máis dun ano.
En maio de 1499, tres anos despois da peregrinación dos Reis Católicos a Santiago, expiden una Real Cédula mostrando a súa decisión de construír un novo hospital, dotado coas súas propias rendas, para recibir e apousentar aos pobres, aos enfermos e aos peregrinos. A construción custéase grazas a contribución do reino de Granada, conquistada aos musulmáns. Os planos da obra fóronlle encargados a Enrique Egas, un dos máis famosos arquitectos do seu tempo, autor tamén do Colexio de Santa Cruz de Valladolid, e que interveu no trazado de obras importantes en Salamanca, Málaga, Zaragoza e foi mestre maior da catedral de Toledo.
Concibiu o hospital organizado ao redor de grandes patios, coa igrexa no centro, ao estilo da época. Na execución traballaron una multitude de artistas e artesáns. As obras comezáronse no ano 1501. As circunstancias referentes as datas aparecen sinaladas na lenda que figuran entre os doce apóstolos e a ventá que se abre sobre a porta principal. A obra tardou en rematarse 10 anos.
Na fachada principal destacan una enorme cornixa, con gárgolas e a célebre cadea esculpida que a cingue, os balcóns e a portada plateresca. A porta é de medio punto e abucinada, cunha arquivolta e paramentos laterais moi profusa e ricamente adornada, con motivos moi diversos, entre eles pequenas estatuas. Xunta o arco, dous medallóns coa efixie dos Reis Católicos, Fernando á esquerda e Isabel á dereita. As dobres pilastras que enmarcan a porta conteñen catro fornelas a cada lado. Á dereita, sitúanse de arriba abaixo, San Pablo, Santa Isabel, Santa Lucía e Eva. Do outro lado, e na mesma orde, atópase San Pedro, San Xoán Bautista, Santa Catalina e Adán. Sobre o arco, un friso cos doce apóstolos en fornelas baixo doseis e unha lenda que recorda o comezo e o fin da obra. Por último na parte de arriba, sobre o friso anterior, a ambos lados da ventá aparecen, enmarcadas entre as figuras máis altas das pilastras laterais, catro fornelas. As da esquerda representan a Santiago e Cristo, e as da dereita á Virxe e San Xoán Evanxelista.
Os dous balcóns que se estenden a ambos lados da portada, sobre os que se abren catro portas e outras tantas ventás, foron proxectados por frei Tomás Alonso e construídos no ano 1678, con motivos das obras de remodelación que se levaron a cabo para reparar a deterioración do edificio. Das catro portas só a primeira da esquerda é renacentista, mentres que as outras tres amosan ornamentación tipicamente barroca.

Entrando podemos ver a fermosa reixa de ferro dourado do século XVI, do mestre Guillén e accedemos a antiga capela, hoxe convertida en sala de exposicións. A parte máis interesante é o cruceiro gótico con bóveda de cruceiro estrelada, obra de Juan de Alava, autor do claustro da catedral. Os catro pilares de Coimbra marabillosamente labrados en estilo isabelino, locen esculturas, doseis e outros motivos ornamentais

As gárgolas da cornixa, con motivos iconográficos moi variados e audaces, como a que verque ao Obradoiro e é a número seis pola dereita. Foron obra de Gonzalo Rey O Mozo e Pedro de Omono, os canteiros encargados tamén dos patios.
Dos catro patios os dous dianteiros teñen galerías na parte superior que descansan sobre arcos de medio punto apoiados en pilares prismáticos, todos con ornamentados capiteis. Tamén podemos ver aquí as escaleiras que Ferro Caaveiro proxectou para subir desde o patio da esquerda ao primeiro piso. Os patios posteriores son barrocos e foron realizados no século XVIII por frei Manuel dos Mártires coa axuda do mesmo Ferro Caaveiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88149898076182
Lonxitude: -8.545968532562256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84