
Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa Tabernas, 11. Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este pazo urbán de finais do século XVIII foi entregado á Real Academia Galega por doazón da familia da escritora Dona Emilia Pardo Bazán. Na doazón estipulábase que un dos andares fose destinada a museo da escritora e o resto a sede permanente da Academia.
É unha casona urbán cunha fachada principal de gran largura na rúa Tabernas, e outra destinada ó servicio, na rúa do Parrote. Na súa fachada principal ten planta baixa e dúas alturas cun ático engadido con posterioridade. En 1975 restaurouse para a sede da Academia. A planta baixa posúe dúas entradas, unha cunha porta alintelada, que daba ó vestíbulo da vivenda; e a outra, abrigada por un arco de medio punto, que servía de entrada de carruaxes. No interior, hoxe remodelado en gran parte, permanece o patio rectangular ó que daban as habitacións de servicio da vivenda.
A fachada é de cantería cunha estreita galería no segundo andar. A galería do século XIX pon ó edificio en relación co entorno urbán circundante, creando unha analoxía coas outras construcións.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña», Vol.VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.369414484466006Lonxitude: -8.39450016617775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84