
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Friol
Parroquia: San Paio de Seixón
Lugar: Seixón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular dun chanzo e pedestal cilíndrico, moldurado cuns listeis circulares na cara superior. O varal prismático e cadrangular nos seus estremos e con aristas achafranadas. A súas caras están decoradas con elementos vexetais. O capitel cúbico no que aparece unha inscrición:”Rezando cinco padrenuestros delante de esta cruz se gana indulgencia plenaria. Recuerdo de la misión dada en Seixón por los P. P. FNS de Lugo en Septiembre de 1894″.
A súa cruz é cadrangular amosa a Cristo Crucificado con tres cravos coas mans abertas. A cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e o pano de pureza amarrado cunha corda. Polo reverso da cruz está a Virxe e actitude de orar vestida cun manto e túnica. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.115872863430496Lonxitude: -7.815495729446411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84