Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Ferrol (comarca) / Valdoviño
Parroquia: San Vicente de Meirás
Lugar: Canto do Muro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Situado no lugar do Canto do Muro, na parroquia valdoviñesa de Meirás, é un dos exemplos máis arcaicos de hórreos de albanelería na comarca de Ferrol. Formado por lousas e xistos das inmediacións, o uso do cemento é practicamente inexistente, utilizándose unha mistura de xabre e barro que a xeito de columnas unen as fiadas horizontais de lousas.

A súa base é de planta de rectangular e formada maiormente por xistos. É oca, xenerando un espazo interior empregado como galiñeiro ou capoeira, motivo polo que na sua fachada se abre un pequeno vano á cota do chan, para permitir o acceso das aves. Como sucede na maior parte dos hórreos desta tipoloxía, na cota máis alta desta base pétrea sobresae unha beira de cemento que perimetralmente a rodea servindo como tornaratos.
Na parte superior do hórreo érguense catro paramentos formados por lousas que a xeito de persiana pechan todas as caras do hórreo propiamente dito (onde se gardaban principalmente os cereais). Para darlle maior consistencia estructural a esta ringleiras de lousas, presenta uns soportes de masa que a xeito de pseudocolumnas axudan a manter ergueita a estrutura. O seu tellado está formado por lousas cuxos vértices -como é de costume neste territoro- están recubertos por tellas superpostas que impiden a entrada de auga ao interior do hórreo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.582779
Lonxitude: -8.181776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84