Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Chantada / Chantada (comarca)
Parroquia: Pedrafita (Santa Baia)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Castro situado na antiga ribeira do río da Lama. Hoxe en día este castro atópase mergullado polas augas do embalse de Belesar. Para poder visitalo é preciso que as augas estén ben baixas.
Aínda se conservan unhas ruínas moi alteradas. Ten a súa entrada polo Poñente, único lugar libre que deixan as augas. Tras este lugar de acceso, atopámonos con tres mesetas cuxa disposición cumpría unha función a modo de defensa natural diante de posibles invasores. No resto dos puntos o castro, dada a súa forma cónica e por estar rodeado de auga, debeu de ser inexpugnable, feito que se reafirma cos restos de murallas aparecidos (unha delas posuía unha altura de 2,10 m . de alto). Estes restos nunco foron excavados.
A comezos de século conservábanse dúas paredes dun antigo castelo de época medieval, as cales formando un ángulo recto posuían un ancho de 1,88 m. e un longo de 5m . Segundo o profesor e historiador Manuel Formoso Lamas, neste castelo foi residencia da familia fidalga dos Taboada.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/26/castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia/
http://www.concellodechantada.org/concello_historia6.htm#3
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/01/03/candaz-antiguo-castro-emergio-aguas/0003_201701G3P2992.htm
http://historiadegalicia.gal/2017/01/o-que-non-se-conta-de-castro-candaz-fortaleza-que-resistiu-os-ataques-de-viquingos/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/01/17/consules-romanos-invasores-vikingos-castro-candaz/0003_201701M17C12991.htm
http://historiadegalicia.gal/2017/01/verdades-e-mentiras-dos-viquingos-de-castro-candaz/
https://historiadegalicia.gal/2017/01/o-que-non-se-conta-de-castro-candaz-fortaleza-que-resistiu-os-ataques-de-viquingos/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Este castro atópase baixo a auga a maior parte do ano. Este feito fai que, por unha parte, o castro esté en contínuo deterioro pola acción da auga, e por outro lado, esté defendido do expolio humano.
Onde está localizado
Latitude: 42.6597186347Lonxitude: -7.73648053408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
xurxofuentes says:
Mar 7, 2013
Unha mágoa a pésima xeolocalización, a ver se puidera ser correxida.
Oscar Franco says:
Mar 7, 2013
Que non che leve a engano a xeolocalización. Está no medio da auga xa que este castro so se pode ver cando o nivel da presa baixa.
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/12/03/0003_201112M3C6991.htm
Oscar Franco says:
Mar 12, 2013
Xeolocalización corrixida. Saúdos XURXOFUENTES
xurxofuentes says:
Mar 19, 2013
Uy! vaia metedura de zoca, sintoo. Apúntome este monumento para visitar o antes posible, paréceme espectacular. Imaxino que mellor no verán! XD
elixiovieites says:
Xan 11, 2017
Outro ano seco que aparece Castro Candaz
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/01/03/candaz-antiguo-castro-emergio-aguas/0003_201701G3P2992.htm
adela suma says:
Xan 15, 2017
Video de Vtelevision sobre el Castro Candaz: http://video.lavozdegalicia.es/services/player/bcpid4870569552001?bckey=AQ~~,AAACUa7bwWE~,nWYEljP65SAVMXhJWpeNUg5Kat8cZ8eo&bctid=5281131842001
elixiovieites says:
Xan 29, 2017
Sobre castro Candaz en historiadegalicia.gal
http://historiadegalicia.gal/2017/01/verdades-e-mentiras-dos-viquingos-de-castro-candaz/
Unhas panorámicas en roundme.com
https://roundme.com/tour/109113/view/273558/