Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Chantada / Chantada (comarca)
Parroquia: Pedrafita (Santa Baia)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Castro situado na antiga ribeira do río da Lama. Hoxe en día este castro atópase mergullado polas augas do embalse de Belesar. Para poder visitalo é preciso que as augas estén ben baixas.
Aínda se conservan unhas ruínas moi alteradas. Ten a súa entrada polo Poñente, único lugar libre que deixan as augas. Tras este lugar de acceso, atopámonos con tres mesetas cuxa disposición cumpría unha función a modo de defensa natural diante de posibles invasores. No resto dos puntos o castro, dada a súa forma cónica e por estar rodeado de auga, debeu de ser inexpugnable, feito que se reafirma cos restos de murallas aparecidos (unha delas posuía unha altura de 2,10 m . de alto). Estes restos nunco foron excavados.

A comezos de século conservábanse dúas paredes dun antigo castelo de época medieval, as cales formando un ángulo recto posuían un ancho de 1,88 m. e un longo de 5m . Segundo o profesor e historiador Manuel Formoso Lamas, neste castelo foi residencia da familia fidalga dos Taboada.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/26/castro-candaz-o-corazon-mergullado-da-historia-lendaria-de-galicia/

http://www.concellodechantada.org/concello_historia6.htm#3

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/01/03/candaz-antiguo-castro-emergio-aguas/0003_201701G3P2992.htm

http://historiadegalicia.gal/2017/01/o-que-non-se-conta-de-castro-candaz-fortaleza-que-resistiu-os-ataques-de-viquingos/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/01/17/consules-romanos-invasores-vikingos-castro-candaz/0003_201701M17C12991.htm

http://historiadegalicia.gal/2017/01/verdades-e-mentiras-dos-viquingos-de-castro-candaz/

https://historiadegalicia.gal/2017/01/o-que-non-se-conta-de-castro-candaz-fortaleza-que-resistiu-os-ataques-de-viquingos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Este castro atópase baixo a auga a maior parte do ano. Este feito fai que, por unha parte, o castro esté en contínuo deterioro pola acción da auga, e por outro lado, esté defendido do expolio humano.


Onde está localizado

Latitude: 42.6597186347
Lonxitude: -7.73648053408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84