Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Santo Estevo de Parga
Lugar: Parga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Hoxe en día o que resta do castelo é tan só un dos muros da cerca que nun dos ángulos conserva unha torre cilíndrica duns catro metros de diámetro, ao pé da que foi achado un escudo con armas dos Parga, Bolaño e Ribadeneira, sendo unha das defensas máis avanzadas. Nos sillares da torre pódense observar as marcas dos canteiros. Os sillares que forman os muros acadan unha altura de oito metros, están dispostos regularmente e aséntanse sobre pedras sen escuadro e superpostas unhas enriba doutras.
A principios do século XX aínda existía a antiga muralla, os perpiaños da cal foron reaproveitados para construír a igrexa e casas adxacentes, podendo observarse tamén marcas de canteiros. Juan Pérez Parragués foi quen reedificou o castelo a finais do século XIV ou principios do XV. Ó parecer, o castelo, que en 1603 foi cárcere xurisdicional, construíuse sobre a antiga fortaleza, á súa vez levantada sobre un antigo castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O pouco que queda está moi mal conservado. Facíalle falla que adecentaran o que queda para que non se perda de todo.


Onde está localizado

Latitude: 43.158126275
Lonxitude: -7.83847689629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84