
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Castelo,
Concello: Friol
Parroquia: Miraz (Santiago)
Lugar: Miraz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A torre de Miraz é unha fortaleza antiga, aínda que víctima de continuas reformas que, se ben adulteraron o estilo, respectaron a súa boa conservación ata o presente. Ten unha torre de 12 metros de alto, almeada de planta rectangular de 9 x 9 m., e aparello de sillar, consta de dous andares, en cada unha delas ten unha pequena xanela de arco moi rebaixado trazado nos propios sillares.
Remata cun pequeno saínte de tres filas de pedra que sustentan o almeado de pico de diamante que a coroa, saínte que lle sirve de cortina defensiva, por debaixo da cal hai tres gárgolas para o desaugue da choiva da súa cuberta.
Adousado a esta atalaia temos o pazo de construción austera e sólida do século XVIII. Posúe unha planta baixa e unha principal, á que se pasa dende unha prolongada solaina que comunica cun amplo patín de subida, á zona baixa, dedicada a servizo caseiro, chégase pasando unha ampla porta dovelada en arco de medio punto.
Hoxe esta casona está acomodada como fogar vivenda dun dos seus donos. O conxunto dibuxa unha planta en L, a fábrica está composta de sillares de granito e con cuberta a dúas augas, no caso da casa. Aparece todo pechado cun alto muro, e accédese a través dun gran portalón que leva aos xardíns e ao patio interior. O interior de toda esta edificación atópase en bo estado de conservación. O pazo utilízase como vivenda e, a torre garda obxectos familiares, arquivo e biblioteca.
A certa altura, no lateral sur da torre, atopamos encravada unha pedra armeira, composta de catro cuarteis onde lucen os símbolos dos Saavedra, (tres faixas axedrezadas), os escaques dos Ulloa, as barras verticais dos Taboada e unha cruz floreada dos Ribadeneira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellodefriol.es/pazos.asp?page=5
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1149800363Lonxitude: -7.84081041813
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gerardo Saavedra says:
Xuñ 30, 2018
La piedra armera localizada en la torre de Miraz (fotografía adjunta) muestra una fusión de escudos, muy probablemente de la primera mitad del s. XV. Exhibe las armas de los linajes 1º) Vaamonde (jaquelado), 2º) Parga (tres fajas), 3º) Saavedra (fajas previsiblemente jaqueladas), y 4º) también Vaamonde (una corona).
La torre de Miraz es uno de los más antiguos dominios de los Saavedra lucenses, se cree que fue levantada por Rodrigo Alonso de Saavedra en el segundo tercio del s. XIV. La torre de Miraz pasó a Constanza López de Saavedra, quien en el siglo XV casó con Ares Vázquez de Parga y Vaamonde. Hijo de estos fue el mariscal Fernán Ares de Saavedra (el de Villajuán, 1484). La torre de Miraz continúa siendo propiedad de sus descendientes Saavedra.