
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Santo Estevo de Parga
Lugar: Parga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Situada nun outeiro ó carón do castelo da Pobra de Parga, antiga situación dun castro. Presenta varios restos da súa primitiva factura románica do século XII. Consta de nave rectangular, capela maior cadrada e unha sancristía engadida xunto con outra edificación no lateral esquerdo. Fabricada en sillería de granito e cuberta de pizarra a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. A fachada é do século XVIII, e os sillares colléronse do castelo da Pobra. Ten porta adintelada, xanela rectangular central, espadana de doble corpo e doble van e un interesante reloxio de sol no ángulo que forma a fachada e o muro lateral dereito, onde se conservan algúns antigos canzorros e unha primitiva figura labrada románica. No interior hai pinturas ó fresco do século XV que representan esceas da Pasión, Anunciación e Cristo en Maxestade. Hai tamén unha ara con inscricións romanas e tres retablos barrocos con tallas dos séculos XVII-XVIII. Accédese ó adro, murado, por un portalón de pedra do século XVIII con cancela de ferro, gran dintel e frontón triangular con cruz e puntas de diamante. Varios sartegos antropomorfos medievais e pía bautismal gótica no adro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
concellodeguitiriz.com/parroquia.asp?id=8
http://www.planeamentourbanistico/xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1624081Lonxitude: -7.8389352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84