Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Corcubión
Parroquia: San Pedro da Redonda
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular con cinco chanzos. O pedestal é cadrangular e rematado con chafláns. O varal é octogonal salvo na parte inferior que é cadrangular e liso. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco con lados curvos e vértices achaflanados, volutas e follas de bordes lobulados. A cruz cadrangular con brazos achaflanados e rematados florenzados con botón central. Polo seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O pano de pureza está anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Inmaculada coas mans xuntas e cunha coroa na cabeza. Ten a lúa ós seus pés sobre unha peana dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cunha mala conservación debido a que está moi erosionado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.92181528905853
Lonxitude: -9.203841984272003
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84