Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión
Parroquia: Boullón (San Miguel)
Lugar: Tembra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro está nunha pronunciada ladeira que Os Altos da Faboira, a 300 metros de altura, forman na súa caída ata o val formado polo arroio Pego e que delimita as parroquias de Boullón e os Anxeles. Deste xeito o recinto amosa una fortes inclinacións, desde o norte ata o sur e que chegan a alcanzar 10 m. de diferencia de altitude. A croa non é neste castro o sitio máis elevado, senón a beira norte do recinto, e que dá cara á estrada que sube a aldea de Gronzo. Atópase case impenetrable pola grande cantidade de maleza que medra por toda a zona. Polo sur, este e poñente os desniveis son moi fortes e as ladeiras nas que se empraza o castro acadan a súa máxima magnitude pola proximidade do río. Segundo Xerardo Agrafoxo as condicións naturais de defensa non son moi boas e o xacemento precisaba de importantes obras defensivas, debido a que as terras próximas do norte atinxen maior altitude que todo o castro e os desniveis son moi fortes polo sur. Por outra banda as posibilidades económicas son importantes por estar cerca de pastos e terreos agrícolas. Cinguindo todo o castro hai un foso defensivo de 5 a 7 m., e un parapeto que vai perdendo altura cara o sur e que amosa o seu lado máis rexo polo lado norte (nas fotos desta ficha).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra,(1992).ISBN 84-87848-02-8-
Ed. Sementeira, S.A. Noia
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf
páx.19 de 24


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8555971375
Lonxitude: -8.70041012764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84