
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Friol
Parroquia: San Paio de Seixón
Lugar: Seixón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dun templo románico do século XII, ainda que con reformas posteriores. Sabemos que foi feita polo mestre Juan no ano 1140 segundo se reflexa na inscrición dun dos seus muros.
A fachada principal ten un esquema xeométrico de deseño simple e pouca ornamentación, destacando a porta principal de arco de medio punto formada por doble arquivolta con decoración de rosetas. A arquivolta menor descansa sobre xambas, e a maior, sobre columnas con capiteis de decoración vexetal. Pegada ao muro lateral sur, aparece a sancristía de planta rectangular, un engadido posterior. Polo lateral norte ten unha porta de acceso con arco de medio punto pero non redondeado de todo. O presbiterio ilumínase mediante dúas xanelas, unha polo lateral sur de forma rectangular e outra polo oeste formado por un gran arco de medio punto. O teito está cuberto de pizarra a dúas augas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamento urbanistico/xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.11561637274636Lonxitude: -7.814253866672516
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84