Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión
Parroquia: San Fins (Brión)
Lugar: Paraxe de Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O campo de mámoas de Rañalonga está composto por un total incerto de túmulos que van desde os 18 que veñen recollidos no PXOM do concello de Brión do ano 2003, ata 21 localizados fisicamente no desenvolvemento do traballo feito polo I.E.S. Castelao (Vigo) durante o curso 2007-2008. No libro editado sobre o traballo da necrópole sinalan que algunhas aínda non están catalogadas. Non obstante quedaron sen descubrir outras cinco que, desde o ano 1986, figuran catalogadas como tales nos arquivos do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio.
Esta Mámoa do Foxo pertencería ás non catalogadas. É unha das máis grandes de Rañalonga é ten como característica destacable a posible presenza dun corredor cara ao leste. De ser certo converteríase seguramente na única mámoa do chan que dispuxese deste elemento. Ten un diámetro aproximado de 30 m. e una altura de 2.5 m. Presenta un cono de profanación moi alongado no eixo leste-oeste, non se aprecian restos de dolmen e a día de hoxe (xaneiro de 2018) está a ser replantada con eucaliptos (antes estaba plantada con piñeiros). Esta mámoa, xunto con outra a 60 m. ao leste dela, están aillada dos outros grupos que forman a necrópole de Rañalonga.
O campo de mámoas do chan de Rañalonga está nunha extensa paraxe que se estende na parte alta do concello de Brión, entre as estradas locais dos Ánxeles a Luaña e de San Fins de Brión a Mourentáns. Por estar localizadas estas ao longo do chamado Camiño do Francés, dedúcese que debeu ter esta vía una gran importancia ao longo da historia. Segundo testemuñas, o tráfico pola Camiño Fránces era incesante ata hai pouco tempo entre os lugares de Urdilde, Negreira e Brión e servindo de transición entre as terras baixas da Amaía e as altas da Luaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8654241523
Lonxitude: -8.71506303549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84