Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Ferrol (comarca) / Valdoviño
Parroquia: Santiago de Lago
Lugar: Mosende
Outra denominación do ben: Hórreo no lugar de Mosende
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Parte das ruínas dunha antiga casa modernista, este hórreo ubicado no actual concello de Valdoviño é unha das mostras excepcionais de hórreos de albanelería das comarcas administrativas de Ferrol e Ortegal. Polas súas características formais; base de cachotería, pequenas columnas de masa, lousas dispostas como unha gran persiana, e teito de lousa, insírese plenamente dentro da tipoloxía de hórreos propia destas terras norteñas. A súa singularidade reside, porén, nas súas suntuosas dimensións, duplicando ou triplicando a lonxitude dos máis comúns hórreos dos arredores, ademáis da existencia inusual de dúas portas na mesma fachada.
Esta particularidade, débese segundo se desprende da súa ubicación, do poder adquisitivo do seu propietario, quen tamén o foi da casa modernista antes aludida.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase polos veciños,  que o seu propietario foi un acaudalado indiano, quen á súa volta das Américas decidiu magnificar a vella casa familiar,  ampliándoa e engadíndolle un aspecto modernista. Aínda hoxe é posible ver as ruinas desta antiga casona que contaba cun pequeno xardín botánico.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5799964226
Lonxitude: -8.15307855606
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84