Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Ribeira
Parroquia: Aguiño
Lugar: Covasa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Dáselle este nome a un espigón de pedras ciclópeas postas en fila e que conforman tres alturas, cunha largueza cara o mar de cerca de 70 metros. Hai uns escalóns que se conservan tallados en grandes pezas de granito e sería o acceso desde terra aos barcos e as mercancías das persoas que alí faenaban. O seu estudio dá diferentes conclusións segundo os investigadores, pois uns aseguran que o porto é de orixe fenicia e outros aseguran que foi feito para a industria da conserva por parte dos empresarios cataláns, dado o auxe que chegou a coller esta economía nesta zona da costa Galega. Os fenicios tiveron presenza na costa do Barbanza nos séculos XII a VIII antes de Cristo, e está documentado un florecente comercio e una economía da metalurxia e outros produtos, sería posible que unha antiga infraestrutura fora aproveitada despois para outros usos , pero de momento parece que non é doado demostralo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.51964782166369
Lonxitude: -9.025622606277466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84