Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Carnota
Parroquia: Lariño (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificio situado á beira da estrada comarcal 550 dende a que se accede directamente a vivenda,construída no ano 1953 e que se encadra dentro do estilo rexionalista. O emprego de grandes pezas de cantaría nos paramentos e a inclusión de diversos elementos, principalmente na fachada, fan da vivenda unha construción de aspecto robusto e pesado.
A planta, disposta en dous niveis, configura un cadrado que se cobre con tella curva a catro augas. A riqueza compositiva céntrase na fachada principal, na que se sitúa un balcón realizado totalmente en pedra e sostido por catro piares, dous de sección cadrada e outros dous en circular. Dúas letras, ” M e D ” escúlpense a carón das xanelas do baixo, mentres que dúas buguinas decoran as xambas no sobrado. No resto dos panos a colocación das fiestras non segue ningún criterio. O conxunto compleméntase con catro pináculos que coroan a edificación e na parte traseira da vivenda hai tamén un pombal de planta circular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/Carnota/documents/0108CA001


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.77162848525111
Lonxitude: -9.11578184362952
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84