Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario,
Concello: Begonte
Parroquia: Baamonde (Santiago)
Lugar: Baamonde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Calvário do século XVIII situado no adro da igreja parroquial de Santiago de Baamonde (Begonte).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Arribas Arias, Fernando (2000): Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
Rodríguez Sánchez, Manuel (1988): Cruces y cruceros del municipio de Begonte. Lugo: Deputación Provincial de Lugo.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.17396935157078Lonxitude: -7.75972455739975
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Xuñ 8, 2011
Begonte ten por planeamento vixente as N.S.P. aprobadas definitivamente o 03/04/1997; no seu catálogo aparece este calvario referido coma “Tres cruceiros cerca da igrexa (Baamonde)” na súa ficha nº 3:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BEGONTE/documents/0566CA002.pdf
Oscar Franco says:
Mai 21, 2015
O calvario atópase lixeiramente desprazado da súa situación orixinal.
O cruceiro central nace sobre catro chanzos e unha base con rebaixe. O varal e octogonal. O seu capitel posúe volutas nas esquinas e anxos alados. Remata nunha cruz cos brazos cilíndricos nodosos imitando á madeira. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe das Angustias con tres espadas metálicas cravadas no seu peito no reverso.
As cruces laterais, de menor tamaño, posúen varais octogonais, capiteis sinxelos, e cruces de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas.
Oscar Franco says:
Out 14, 2021
Engado as seguintes referencias bibliográficas:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2009). Os cruceiros nos camiños de peregrinación. Actas do Iº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2006/007/2008). De Mondoñedo a Compostela. Cruceiros e construcións relixiosas da arte popular no Camiño do Norte. Boletín do Museo Provincial de Lugo (XIII).
BLANCO PRADO, José Manuel (2013). Relación entre os cruceiros e crucesw da Terra Chá e os seus santuarios (II), Actas do IV Congreso galego de cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html