Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Bamiro (San Amedio)
Lugar: Bamiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este cruceiro de granito atópase no adro da igrexa parroquial de San Amedio de Bamiro. Ós seus pés atópase unha mesa apoiada no primeiro chanzo onde se coloca o cadaleito nos enterros pra rezarlle as oracións.
Sobre unha plataforma cadrangular de tres chanzos sobreponse un pedestal troncopiramidal, sobre o que se ergue un varal cadrado con chafráns. Remata cun capitel cilíndrico cun astrágalo circular liso. Nel sucédese un ábaco de lados curvos e vértices chafranados con volutas, follas e querubíns.
Na cruz cadrangular e de brazos con chafráns hai catro imaxes:
– No anverso: Xesús crucificado con tres cravos e a cabeza cara adiante, cas mans abertas, con coroa de espiñas e cun pano de pureza sen nós. Ó seu pé, dúas imaxes: María (ou a Madalena) e San Francisco, coas mans en actitude de rezar, medio ladeados.
– No reverso: Unha imaxe moi deteriorada de María con xesto aflixido.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Luis Martin RUIZ (1999) Cruceiros na provincia da Coruña (Vol IV). Ed. Deputación da Coruña, Salamanca.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As imaxes atópanse moi deterioradas e erosionadas.
Onde está localizado
Latitude: 43.14104874933783Lonxitude: -8.97208034992218
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xan 31, 2012
Como información complemantaria, o inventario de Bens de Vimianzo
recolle o “Cruceiro do Adro en Bamiro”:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
(pax. 4 de 6)