Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo das Cortes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Situados no cume dun outeiro alongado, atópase o conxunto de hórreos de Campo de Cortes. Composto por alomenos nove exemplares, varios deles afogados entre casas de posterior construción. Todos eles construídos de cantería, posiblemente destituíndo outros anteriores de rachuela que non curaban ben o millo; entre eles pódense diferenciar varios exemplos de cantería ruda cos ventos invertidos, variante de transición entre a rachuela e a cantería. Tamén é visible nalgún exemplar que algunha doela é máis baixa que o resto, esto é debido ao reaproveitamento das pedras doutros hórreos anteriores. Os tamaños oscilan entre os catro pés, os máis pequenos, e oito os maiores. A pesares de non pertencer ningún deles ao estilo de cantaría barroca a maioría deles conservan uns fermosos remates, compostos na súa maioría por pináculos e cruces.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A maior parte deles continúan en uso polo que presentan un bo estado de conservación, algún deles está recebado con cemento e pintado, e un dos exemplares foi movido, sendo levado do lugar.
Apesares de estaren protexidos tódolos hórreos polo Decreto 449 do 22 de febreiro do 1973 o conxunto de Campo das Cortes non esta recollido no PXOM de Muros, o cal, non ten inventariado o total de hórreos existentes no Concello.


Onde está localizado

Latitude: 42.7701563726
Lonxitude: -9.0575457215
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84