
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo
Lugar: Vimianzo
Outra denominación do ben: Mámoa de Prado Garrido 1
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Trátase do dolmen máis próximo á vila de Vimianzo (a 1 km da vila). Malia o seu pésimo estado de conservación, aprécianse tres esteos da anta entre a maleza.
A mámoa está moi desfeita e as pedras movidas. Está situada a uns 250 metros sobre o nivel do mar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092115
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Abandono. Traballos forestais. Perto pasa un tendido eléctrico.
Onde está localizado
Latitude: 43.110641024Lonxitude: -9.01959300041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Alex says:
Feb 1, 2012
Pensas que a estes tamén os meterán no parque megalítico ou quedarán abandoados a súa sorte? E non se podería voluntariamente facer algo por limpalos e coidalos un pouco? Saudos.
Manuel Rial says:
Feb 3, 2012
Este non vai entrar no Parque. Aínda que a previsión é que se poida abrir a máis túmulos dos 14 que hai, polo momento aínda falta a inauguración do PAM.
E respecto ó da limpeza, o primeiro punto sería avisar ó dono da finca do que alí ten, e logo el debería ser unha persoa responsable para saber coidalo.
… Claro, todo isto na teoría, na práctica aínda nos falta meterlles na cabeza que non só son pedras o que teñen na finca, e menos aínda que eles sexan os propietarios desas pedras, cando os vestixios arqueolóxicos son de todos.
Tres dolmens a pé dende Vimianzo : O Compás – A revista dixital da Costa da Morte says:
Mar 18, 2013
[…] anta máis próxima ó núcleo urbano está a pouco máis dun quilómetro do castelo. É o dolmen de Prado Garrido. Hai que subir a pista que vai a Castro e ó monte de San Bartolomeu e tomar o segundo camiño á […]