Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Serres
Outra denominación do ben: Hórreos de Serres
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

O PXOM de Muros cataloga na parroquia de Serres cinco agrupacións de hórreos, entre elas dúas no mesmo lugar de Serres, agrupados xunto coas casas. Tódolos exemplos corresponderían a cabaceiras de pedra partidas en dous grupos, hórreos tipo Noia e os máis do tipo Fisterra. Posiblemente estes hórreos ou cabaceiras destituían a outros anteriores que non curaban ben o millo, isto podémolo ver na pouca destreza coa que se traballan,na maior parte deles os pés son troncoidais é as doelas teñen os ventos invertidos, signo de reaproveitamento das pedras. Os máis carecen de remates e levántanse sobre soleiras macizas tendo como finalidade dotalos de unha mellor aireación por vérense afogados polas construcións circundantes. Todos eles varían en número de pés sendo de tres pares de pés os máis pequenos e de seis os máis grandes, o que nos indica a súa capacidade e polo tanto a importancia económica dos donos. As cubertas realízanse a dúas augas con tella do país ou francesa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña,
Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/23632ca020.pdf
(pax 12 e 13)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7884182663
Lonxitude: -9.07234239552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84