Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Santo Estevo de Parga
Lugar: Parga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao lado do centro de saúde atópase a “Capela de San Xosé” , da que destaca no seu interior un retablo de estilo barroco e talla da Virxe sedente co Neno. Esta pequena capela é de gran sinxeleza rectangular, sen ábsida, cunha sinxela porta rectangular sen decoración e unha xanela en cada muro lateral. A cuberta é a dúas augas de pizarra. A fachada e os vans son de cantería de granito. Ten unha espadana erguida sobre unha peana horizontal, formada por dous machóns unidos por un arco de medio punto e rematado cunha cruz de granito.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.16056413446584
Lonxitude: -7.83911257982254
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84