Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Santiago de Arcos
Lugar: Noveira, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A Casa Noveira é de planta rectangular como a maioría no concello. Un volume prismático que dispón as plantas en dous niveis, e que se cobre a dúas augas con tella do país. A distribución interior foi modificada na súa totalidade, deixando unha escaleira central que comunica os dous andares. Ainda que non perdeu a relación directa co agro, foi adaptada a unhas necesidades máis actuais. Un graneiro de gran tamaño apegado perpendicularmente á vivenda. De dúas plantas, destaca o piar de cantería e de groso espesor que sostén o andar superior. outro alpendre fronte deste rivaliza en dimensións. As fachadas de pedra foron limpadas resaltando a forza constructiva da cantería. As carpinterías de aluminio descontextualizan lixeiramente o conxunto, que se ve adornado cun escudo de armas, coroado con xelmo e rodeado de fanfarras, no que se pode distinguir en catro cuarteis as liñaxes de diversas familias como os Castro e outras, sen ter certeza da relación directa que tiveron con esta casa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba e Zas”, Vol. X, Deputación Provincial da Coruña,1998.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9053231631Lonxitude: -9.08788740635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84