Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona (Santa María)
Lugar: Baiona
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Virxe da Rocha érguese sobre a cidade de Baiona e ofrece unhas vistas inmellorables do parador de turismo e da costa en xeral. Ten 15 metros de altura e está oca no seu interior o que permite subir por unha escaleira de caracol ata a barca que ten na súa man dereita.

Foi deseñada polo enxeñeiro Lauréano Salgado no ano 1910 e a súa construción estendeuse ata o 1930. Contan coma curiosidade que no momento de colocar a primeira pedra púxose sobre ela unha caixa de zinc con dúas moedas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce.

O arquitecto Antonio Palacios encargouse da súa construción en pedra, agás das mans e a cara que foron feitas por Mariano Benlliure en mármol branco.

Na parte de atrás da estatua atópase un calvario formado por dúas cruces e un piar ca figura dunha galiña. E tamén un pequeno altar, xa que no primeiro domingo de Agosto celébrase unha importante romaría en honor da Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.12110148787506
Lonxitude: -8.858555853366852
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84