Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: San Xoán de Fecha
Lugar: Vilar de Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

“Sobre un amplo grupo de afloramentos graníticos ben desenvoltos en altura se inclúe o afloramento soporte dos gravados, asemade dunhas considerábeis dimensións que oscilan entre 18,5 m. (norte-sur) e 16 m. (leste-oeste):
O elenco, orientado cara o sur e sudoeste, e tanto con sección en “U” aberto como en “V”, confórmase por catro grupos de gravados:
Un primeiro grupo, integrado por:
– Oito motivos circulares concéntricos simples: catro deles, con dous aneis e cazoleta central; outros tres,con anel con cazoleta central; o sexto, con dous aneis e cazoleta central; o séptimo, con restos dun anel; o oitavo, con dous aneis e cazoleta central.
– Un motivo circular concéntrico composto: o primeiro, configurado por tres motivos circulares simples, unidos entre si polos trazos rectilíneos, que parten dos aneis exteriores (ditos trazos aparecen cruzados perpendicularmente por outros máis pequenos), estando conformados os dous primeiros conformados por dous aneis cada un e por tres o restante, tendo todos eles cazoleta central.
Un segundo grupo, integrado por: oito motivos cruciformes; catorce ferraduras, de orientación e factura moi desigual; dúas pías, das que saen senllas canles que se xuntan nun só a metade de pendente, rematando o trazo nunha cazoleta; un motivo circular concéntrico simple, formado
por un anel e unha cazoleta central; e restos de trazos indeterminados.
Un terceiro grupo, integrado por: cinco cazoletas; e un cruciforme, marcando os seus extremos en cazoletas. terminais.
Un cuarto grupo, integrado por: un cruciforme, de factura moi irregular; dúas ferraduras”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15078029
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCÍA MARTÍNEZ,M.C.- (1968): “A Pedra que Fala. Con piletas y petroglifos”. Cuadernos de Estudios Gallegos, XXIII, nº71. Santiago de Compostela, Instituto P.Sarmiento de Estudios Gallegos, 1968, pp. 255-259.
GARCÍA MARTÍNEZ,M.C.- (1971): “Morfoloxía castrexa das Terrras de Compostela”, Compostellanum, XVI, pp. 213-258
SOTO BARREIRO, M.J.- (1986): “Los petroglifos prehistóricos de la comarca compostelana. Santiago (tese de licenciatura inédita). Universidade de Santiago de Compostela.
VV.AA. (1970): “Carta prehistórica del término municipal en Galicia”. Cuadernos de Estudios Gallegos. T. XXV. pp. 255-266
VV.AA. (1987): “Catalogación de Yacimientos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago”. Arqueoloxía/Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura. pp. 69-73, 86-88 e 91.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.963005
Lonxitude: -8.584625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84