Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole, Ermida,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros
Outra denominación do ben: Antiga Parroquial de San Pedro
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase da capela maior e sancristía da antiga parroquial de San Pedro, a cal foi desfeita no século XVIV para agrandar o cemiterio. Consta de dous corpos, a capela maior de bóveda, e a nave central de varios arcos con capelas aos seus lados. Artaza sitúas no século X ou XI, e a E.T.S.A da Coruña sitúa os restos, xunto coa capela maior, no século XV e a sancristía no XVI. Este dato é posiblemente errado posto que antes da construción da Colexiata de St. María a Nova no ano 1400, esta era a igrexa parroquial. A capela maior comunica co cemiterio a través dun arco e coa sancristía por unha porta lateral, a cal, a súa vez comunica co camiño, ten bóveda de crucería con nervios de perfiles triangulares que descansan en columnas acobadadas de capiteis animados e vexetais. No fronte que da ao cemiterio ten unha pequena xanela saetera, e na parte traseira dúas, ademais de diversos canzorros, o conxunto atópase cuberto de tella do país e a dúas augas. As paredes do edificio están construídas con grandes pezas de cantería as cales están repletas de inscricións que dan a entender as persoas que costearon a obra: “MARINA MARTIZ PON ESTA”, “FERNANDEZ PUSO ESTAS”, PEDRO DE GAMINIZ SU SOBRINO”… No interior albergaba varias sepulturas entre elas, a día de hoxe aínda queda unha que representa a un sacerdote vestido de túnica portando un cáliz na man, tamén hai constancia de que Pedro Yañez de Baruta, rexedor da vila no ano 1445 foi enterrado nunha sepultura metida na parede, a maior parte delas foron empregadas para empedrado da vila; no lado do evanxeo hai unha inscrición: “AQUI IAZ DON VIDAL FALCOON, MERCADER (O PROCURADOR) DE LA VILLA”.
A sancristía reconvertida en capela da Gracia tamén esta cuberta de bóveda de crucería con nervios sobre ménsulas, clave de florón e cornixa con perfil de gola. No seu interior conserva unha gran pía bautismal fermosamente labrada do século XV cunha inscrición non seu borde interior que di: “JESUS-FILIUS PATER CUM SPIRITU SANTO”. No exterior da mesma tamén se conservan inscricións e multitude de signos como cruces, círculos e letras.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior ademais de algunha sepultura consérvase a pía bautismal, así como diversas estatuas e restos de enterramentos.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Artaza Malvárez, Ramón de: «Historia de Muros y su distrito». 2ª edición.

Arquitectura gótica en Galicia: los templos, catálogo gráfico _ETSA de La Coruña. Departamento de Representación y Teoría Arquitectónicas, Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ate non ai moito eran empregadas como deposito do cemiterio,a dia de hoxe estan case o borde do derrumbe, precisaria unha urxente intervencion que rematase cos anos de abandono.


Onde está localizado

Latitude: 42.7742496845
Lonxitude: -9.05908021329
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84