Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: San Caetano
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben: Acueducto de Xelmírez
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Ponte Mantible é en realidade un acueducto mandado construír polo arcebispo Xelmírez a comezos do século XII. Sitúase sobre o río Corgo, no parque do mesmo nome, preto de San Caetano.
A finais do século XI, Compostela veuse desbordada pola cantidade de peregrinos e comerciantes que chegaban á cidade. O abastecemento de auga era o máis urxente, xa que as poucas fontes que había quedaron escasas para tanta xente. Tanto que seica os monxes do San Martiño Pinario non podían nin lavar as mans.
Por iso, o arcebispo Diego de Xelmírez, aconsellado polo mestre Bernardo, mandou construír un acueducto no alto do monte de Vite. Dende alí, xurdiría o primeiro gran sistema de canalización para toda a cidade, que aínda hoxe segue en funcionamento dando auga ás fontes de Carretas, Alameda, Toural, Santo Antonio, Cervantes e Espíritu Santo. Falta na lista a xa desaparecida Fonte do Paraíso, situada na praza da Acibechería.
O acueduto é de cachotería de granito e apóiase en tres arcos de medio punto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.89117989301712Lonxitude: -8.535722494125366
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84