Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: A Rúa / Petín / Valdeorras (comarca)
Parroquia: Petín / A Rúa
Lugar: Petín / A Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A ponte da Cigarrosa sitúase entre Petín e A Rúa, sobre o río Sil. A súa orixe remóntase á época romana, pero derrubouse case por completo. Foi reconstruída no XVI, con reformas un século despois, polo que o monumento pouco conserva da súa estrutura orixinal.
A ponte naceu para que a Vía XVIII do itinerario Antonino puidese salvar as augas do río Sil no seu percorrido de Bracara a Astúrica.
De orixe romana só quedan, no segundo píar, cinco filas de bloques de preto de 2 metros de altura; no cuarto píar poden verse só os fundamentos romanos. Estes restos só se poden ver cando baixan as augas do Embalse de San Martiño. A ponte ten cinco arcos de diferente tamaño e forma, con catro píares que tamén son desiguais.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.traianvs.net/textos/cigarrosa.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Ata hai pouco pasaba o tráfico rodado por ela, pero hoxe é peonil.
Onde está localizado
Latitude: 42.388112356391964Lonxitude: -7.128710746765137
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84