
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: San Lourenzo de Agualada
Lugar: Agualada-Adro da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo Desencravo con plataforma cadrangular con tres chanzos.Ten pedestal cadrangular rematado cun bocel e mediacana. O varal é octogonal comenzando en cadrado. Ten un capitel octogonal co astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados rectos e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e leñosa con nós. Polo anverso presenta o desencravo. A escea representa o descendemento feito por dous persoaxes, un con roupas de franciscano que ben poidera ser San Francisco. Polo reverso vense tres imaxes de muller con xesto aflixido, que puidera tratarse segundo os Evanxeos, da Virxe María Madalena e María de Cleofás. O cruceiro é todo de granito cunha boa conservación
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”, Vol.1, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.15904195109726Lonxitude: -8.805874586105346
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Feb 8, 2012
Como información complementaria, a ficha da Igrexa de San Lourenzo de Agualada,
no pxom de Coristanco, onde ven a foto do cruceiro.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA002.pdf
(pax. 2 de 16)
meiga says:
Abr 22, 2012
O cruceiro é obra de Manuel Castelo Rivas. Fíxoo no 1989 (ten o ano gravado na parte de atrás do pedestal)
FDEZ. de la CIGOÑA, E. Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos, Editorial Galaxia, 2001.