Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Irixoa
Parroquia: Santa María de Mántaras
Lugar: Airoa do Rei
Outra denominación do ben: Castro da Airoa
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,
Descrición:

1- Información xeral: Xacemento, posiblemente da Idade de Ferro, do concello de Irixoa (provincia da Coruña); asentado na cima do Monte do Bispo (dunha altitude de 500 metros sobre o nivel do mar) situado no lugar, segundo o Nomenclator da Xunta de Galicia, da Airoa do Rei, integrado dentro da parroquia de Santa María de Mántaras.

Trátase dun recinto circular duns 72 metros de diámetro (en torno a 4300 m2 de superficie), definido por un parapeto de aproximadamente un metro de altitude,feito de cachotería de granito dunha media de 30cm de ancho. No interior da croa obsérvanse afloramentos rochosos de posibles estruturas, pero a vexetación non permite apreciar outras características significativas.

As incidencias fundamentais sobre o xacemento, débense pola acción de replantación de eucalipto e polo feito de que, no interior da croa, pódense atopar os restos abandonados de tres autocares antigos .

2- Descrición do xacemento: A entrada á croa, cunha orientación de 275º W, está flanqueada por dous reforzos circulares, ou posibles torres, que sobresalen da circunferencia que conforma a croa. A medida de anchura do acceso, entre cada un destes dous contrafortes, é dun total de 281cm. Na zona de ingreso ao recinto, atopamos muro de cachotería, parecido ao, anteriormente mencionado, orientado cara ó sur, e restos dun posible “pavimento”.
En canto aos contrafortes, ou torres, compre salientar que teñen un radio aproximado de 240cm; e unha superficie total de máis ou menos 12’57 m2. Na parte superior do reforzo, ainda se poden ver pequenos restos de bloques de pedra, que conformarían esta posible estrutura circular. Se a observamos dende fora do recinto, podemos ver que a súa altura rondaría os 70 cm.
Se continuamos circundando o recinto, ao sentido das agullas do reloxo, atopamos máis restos de parapeto na zona noroeste, de iguales características aos anteriores, pero coa singularidade de ter un posible reforzo, ou doble muro.

Na parte orientada ao norte e norleste, a pendente comeza a facerse maior, e é onde atopamos a mamposteria do muro en meiores condicións. Dende esta zona, é dende máis se pode divisar e controlar o entorno, chegando a distinguir a serra e o val da parroquia de Santaia da Viña, composta por diversos montes, como por exemplo o Monte de San Antón, a Pena Branca, o Monte do Preito, Monte da Hedrada, etc.
Na zona leste, o muro é máis baixo e de “peor calidade”. Compre salientar nesta área, a importante pendente que existe, que se ben non se pode observar nítidamente nas fotografías, supera os 30 metros de lonxitude dende o terreo chan ata a cima da croa.

Por último, no interior mismo da croa, pódese observar unha certa elevación do terreo producida, probablemente pola acumulación de materiais; da que agroman restos de pedras pertencentes a posibles estrucutras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15039041
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Aduxúntase a ficha do Inventario de bens de patrimonio cultural do concello:

http://htmlimg4.scribdassets.com/95jo2pdidc1dxvsj/images/1-1fab6661d2.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.29082632307419
Lonxitude: -8.084907531738281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84