Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: San Clemente do Pindo
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “Crucifixo” con plataforma cadrangular con dous chanzos e pedestal cadrangular achafranado. No segundo chanzo ten unha inscripción que pon: “POCM 2000”. O varal é cadrado con chafráns e o capitel cadrangular moldurado. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. A cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas “INRI”. O pano de pureza está suxeito sen nós. Polo reverso non ten imaxe. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.89070629867362
Lonxitude: -9.135594516992569
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84