Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Brión
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Casal, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No lugar do Casal quedan os restos deste pazo que se tentou restaurar pero que ao final as obras non chegaron a rematarse. O pazo consta de vivenda de planta rectangular e desenvolvemento lonxitudinal. Segundo algunha información tivo unha torre de homenaxe redonda, que coas obras quedou desfigurada do seu aspecto orixinal. Toda a restauración segundo podemos informarnos no pxom de Brión se constituíu en “paradigma dun modelo de restauración obsoleto que se debe desbotar”. Nas estancias a medio refacer podemos ver unha ampla cociña cunha monumental cambota e cheminea que xunto con outros elementos , como parladoiros e canzorros, foron malamente restaurados. Ten capela formando parte do edificio baixo a advocación de San Xosé, que é a única parte do edificio que está cuberta e que se salvou das reformas. Ao pazo chégase por unha ampla solaina de pedra con un fermoso peitoril. O edificio existía no século XVII segundo nos informa Clodio González no seu libro sobre a historia de Brión: “.. pois desta casa e da de Ons procedía Bernardina de Lobera e Noguerol, que casou con Xoán Pascual Ribadeneyra, fillo de Xoán Ignacio Losada e Ribadeneyra (falecido en 1686) e Ana María Ribadeneyra e Miranda, da casa de Bergondo de Arriba (Obre, Noia). Martinez Barbeito, C. Pazos, torres y linaje de la provincia de A Coruña, 1978, p.89.”
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Os vellos do lugar aínda teñen o recordo de cando o Señor que vivía no pazo cobraba as rendas aos campesiños .
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte.
Ed. Toxosoutos 1998. ISBN 84-89129-09-6
Web catálogo Pxom concello de Brión
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA013.pdf
(pax.14 de 46)
http://www.infobrion.com/brionpobo/arquitectura.php?id=397
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.857085569Lonxitude: -8.69439393282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Elixio Vieites says:
Xuñ 12, 2022
Unha nova sobre o roubo da figura da virxe que estaba no pazo https://historiadegalicia.gal/2022/06/rouban-a-estatua-dunha-virxe-barroca-no-pazo-do-casal-que-xa-estaba-na-lista-vermella-de-abandono-patrimonial/