
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Esgos
Parroquia: Rocas (San Pedro)
Lugar: Arcos
Outra denominación do ben: Castillo Litoria
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Preto da Vereda que unía Ourense con Astorga, atópase este antigo castro, que logo sería castelo de Litoria.Está no cume do outeiro, ao que no cercano pobo de Os Arcos, chaman o Castro.
O seo emprazamento descubrírono, tanto Xosé A. Blanco e Xosé M. Rodríguez no ano 1991, como Antón Rodicio no 1997, despois de un estudo pormenorizado dos antigos escritos que facían referencia a súa localización.
Na sua cima podemos atopar moitos vestixos do seu esplendor, adiviñando a súa fortaleza, practicamente inexistente xa, no centro de esta plataforma central vemos unha peneda traballada, ca sua superficie superior plana, e un encastre de algún elemento cadrado. Na foto de abaixo está a chamada . “A mesa da moura”
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32031002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo unha lenda, os mouros xogaban ás cartas na ” mesa da moura”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ESGOS/documents/26716ca152.pdf
-Vía romana de Astorga a Orense por el castro Litoria, publicado no número XXV do Boletín Auriense, en 1997 (Anton Rodicio)
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/12/el-castillo-de-litoria-y-la-vereda.html
-O rumor Da Fraga Nº1(CastroLitoria)-Publicacion universitaria- 1991(Xose A. Blanco – Xose M. Rodriguez)
-O Castelo Nº 2 – 1992 –(Publicacion trimestral da A.VV. “Rocas”)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3506471347Lonxitude: -7.69439935684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Miguel says:
Abr 26, 2013
Creo que o castro ese esta nuha propiedade heredada de meu pai
Jessica says:
Xul 3, 2013
Sabes como é o nome desa propiedade? Por que o nome (toponimia) é un claro indicador da presencia dun castro. Por exemplo castro, castrelo, croa ou coroa. Estou interesada neste tema e gustariame ter mais información. un saudo
Oscar Franco says:
Xan 26, 2023
Engado a seguinte referencia bibliográfica na que se fai referencia a este ben:
VALDÉS BLANCO-RAJOY, Rosario. (2020) Fortalezas de la Ribeira Sacra en el entorno del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (https://doi.org/10.5209/madr.73078)