Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño, Fonte, Lavadoiro,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Castrigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño, fonte e lavadoiro na aldea de Castrigo que foron recuperados polo concello. A aldea está moi cerca da liña divisoria entre os concellos de Brión e Ames, e a 400 metros do Castro de Lamiño, en Brión, de onde procede o seu topónimo. Todo o conxunto aproveita a auga do río Ameneiral. O lavadoiro está feito de pedra, e catro columnas de pedra sosteñen a cuberta de armazón de madeira a dúas augas e de tella do país. Ten catro follas para lavar e componse dunha soa pía. O muíño, cuadrangular e feito de cachotería, aproveita a auga dunha gran canle que sae paralela ao río e crea o desnivel necesario para ao seu funcionamento. Na fonte de pedra, que está ao lado do lavadoiro, pódese ver a xente recollendo auga para o seu consumo con moita frecuencia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA019.pdf (7 de 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86754290199623
Lonxitude: -8.663073778152466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84