Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Dumbría
Parroquia: Santiago de Berdeogas
Lugar: A Vacariza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta vivenda que se atopa en ruínas, intégrase nun conxunto arquitectónico e etnográfico de grande interese. Está situada á beira do que noutrora fora un pequeno camiño que comunicaba as distintas parcelas de cultivo coas vivendas, e que agora se converten nunha estrada secundaria, aínda que ben asfaltada, e pola que aínda pódese ver transita-lo gando polo medio dela.
Trátase dun volume cúbico de dous andares, cun aspecto robusto debido o emprego austero do granito en forma de grandes pezas de cantería. A fachada principal é a que centra todo o interese compositivo, xa que o conxunto caracterízase pola falta de aberturas nos paramentos verticais.
Deste xeito a porta de entrada aparece lixeiramente desprazada do centro e sobre ela colócase unha fiestra con lintel moldurado e con decoración a base de bólas. Ó seu carón outra fiestra, esta de dobre arquiño, que arranca dun lintel recto, tendo a mesma decoración que a anterior. Entre elas un tríptico labrado na pedra que representa tres figuras de animais. Aínda que a cuberta desapareceu, o mesmo que os forxados, trazábase a dúas augas con tella do país.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”, Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está nunhas condicións penosas de abandono no que a vexetación crece co perigo que eso conleva.
Onde está localizado
Latitude: 43.03515452836389Lonxitude: -9.102266728878021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Elixio Vieites says:
Xuñ 20, 2021
Artigo en historiadegalicia.gal do día 19/06/2021 http://historiadegalicia.gal/2021/06/unha-das-poucas-casas-fortes-de-galiciacon-decoracion-manuelina-entra-na-listaxe-vermella-do-patrimonio/