Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Esgos / Nogueira de Ramuín / Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde, O Eirado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O que pode ser unha antiga pedrafita, a que se fai referencia en varios escritos antigos, foi convertida na idade media nun marco de termo. Na actualidade, segundo o mapa, marca o punto no que conflúen os concellos de Esgos, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín.
Ten gravadas 12 cruces, pola sua superficie.
Ao seu carón pasou a verea que unía Ourense, o Castro Litoria e Astorga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo unha lenda moi estendida na zona, a marca que ten enriba fíxoa o cabalo de Santiago saltando desde o Marco Vello que está a case 1500 metros de distancia de este.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
García Rodicio, Antonio: “Vía romana de Astorga a Orense por el Castro Litoria”, Baletín Auriense, nº XXV de 1997

ENLACES WEB:
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/12/el-castillo-de-litoria-y-la-vereda.html
http://riberasagrada.blogspot.com/2009/11/la-ermita-de-la-virgen-del-monte.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.363453
Lonxitude: -7.645479
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84