Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Praza do Obradoiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situado fronte á fachada do Obradoiro, o Pazo de Raxoi levántase sobre o solar ocupado polos antigos cárceres civil e eclesiástico. O pazo foi fundado polo arcebisbo galego don Bartolomé Rajoy y Losada, natural de Pontedeume, que o mandou construír na segunda metade do século XVIII para albergar o seminario de Confesores, a residencia dos Nenos do Coro da catedral, o consistorio e o cárcere. O edificio foi trazado polo francés Charles Lemaur e a execución das obras correspondeu aos mestres López Freire e Alberto Ricoy, que empregaron seis anos na realización.
Responde ao estilo neoclásico francés. A fachada está concibida en tres corpos separados entre si por dúas ás de amplas ventás distribuídas en dous pisos. Toda ela apóiase sobre un soportal de columnas no centro e arcos de medio punto nos lados, con un total de 25 ocos. Sobre os cinco do centro álzase o corpo principal, que percorren seis inmensas columnas xónicas , con remate en frontón triangular, en cuxo vértice se apoia a estatua ecuestre do apóstolo Santiago. A dereita e esquerda deste corpo principal, descansando sobre sete arcos a cada lado, as dúas ás, e nos extremos, os dous corpos laterais. Apoian estes sobre tres arcos e, do mesmo modo que o do centro, son percorridos por grandes columnas, catro en cada un, que rematan en frontóns. Os vinte e cinco amplos ocos que forman as ventás do segundo piso e as vinte e cinco portas que abren aos cinco balcóns que se estenden al largo da fachada contribúen a equilibrar os volumes e outórganlle ao conxunto do edificio unha lixeireza que contrasta coa súa magnitude, máis patente se se mira a sólida base que o sustentan e aos ocos que o iluminan e adornan. No frontón central desprégase unha representación da batallas de Clavixo en mármore , obra dos escultores José Gambino e José Ferreiro, este último autor así mesmo do Santiago ecuestre que corona o tímpano. Os frontóns dos corpos laterais adórnanse cos escudos do arcebispo Rajoy y Losada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88036688693864
Lonxitude: -8.546161651611328
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84