Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Aranga
Parroquia: San Vicente de Fervenzas
Lugar: O Painzal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro das Cotorras é un recinto fortificado que consta de dous corpos e dúas plataformas. A primeira defensa consta dunha muralla que cerra na croa polos seus extremos. Na entrada pódense observar dous avultamentos en forma de torreóns, o grosor da defensa varía de 3 a 4 metros, con aproximadamente 5 metros de altura. Entre esta primeira defensa e a croa hai un espazo interior de 50 x 100 metros, podendo observarse unha rampla que leva a croa.
A croa mide aproximadamente 50-60 x 80-100 metros. Dous torreóns de 2 a 3 metros de ancho flanqueaban a entrada a mesma, a altura desta defensa chega a medir de 12 a 15 metros con respecto o posíbel antecastro. O interior da croa está cheo de pedras, podendo apreciarse que foi lugar de extracción de dito material.
Neste castro atopáronse varias pedras de muíño, redondos e barquiformes. Tamén restos cerámicos e pedazos de olas, entre outros. Ademais, nunhas rochas próximas ao castro, existen uns gravados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15003132
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

www.fervenzas.es


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A plantación de eucaliptos pode afectar a conservación


Onde está localizado

Latitude: 43.2052383797765
Lonxitude: -8.097009658813477
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84