Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: A Agualada (San Lourenzo)
Lugar: A Augalada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A súa estrutura arquitectónica é de planta en cruz latina, na que se inscriben unha soa nave, presbiterio e, tras deste, unha sancristía, á que tamén se pode acceder dende o exterior.
O sistema construtivo é a base de muros de carga, feitos en cachotería, agás esquinais e enmarque de ocos.
O edificio é austero, carecendo de ornamentación algunha. A fachada principal divídese en dous tramos horizontais e tres verticais, imitando un retablo, presenta unha porta con lintel e flanqueada por dúas estípites moi traballadas en cada marxe na que figuran santos talladas na pedra e dúas xanelas rectangulares dispostas simetricamente baixo un frontón alintelado no que se encrava un reloxo. O frontón rompe a súa liña de continuidade pola torre campanario, unha torre estilizada de sección cadrada formada por unha base cunha cornixa sobre a que descansan catro machóns unidos por arcos de medio punto, entre as que se sitúan as campás. A torre coróase cun corpo de sección octogonal con catro arcos alongados de medio punto e unha cúpula sobre un cornixamento moldurado rematado por un pináculo. Destaca no conxunto o desexo de acadar un efecto onde a simetría ocupa o lugar preponderante, e todo isto dende a simplicidade e sobriedade compositiva.
A nave presenta un tellado a dúas augas co tella do país e unha cruz no testeiro. No muro norte presenta unha pequena xanela alongada. No muro sur, unha porta e dúas xanelas a distinta altura. A ábsida mostra unha xanela similar e un contraforte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol.V, Diputación Provincial da Coruña, 1998.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORISTANCO/documents/0135CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.15909673470411
Lonxitude: -8.806089162826538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84