
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Pedornes (San Mamede)
Lugar: O Viveiro
Outra denominación do ben: Petroglifo de Figueiredo - Petroglifo Auga dos Cebros
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
O Petróglifo de Auga dos Cebros atópase nunha pedra plana cunha sensible inclinación ao poñente, inmediata ao regato Vilar. Nos dous terzos superiores do petróglifo aparece representadas unha grea de trece cervos como cruzando ao galope o escenario cara á dereita agás nun único caso. O modelo iconográfico destas figuras é o máis corrente na zona meridional do territorio da arte rupestre galaica, onde predomina un estilo local próximo ao esquematismo. Mención aparte merecen as tres figuras de maiores dimensións, que non se apartan das liñas xerais pero que presentan como particularidade o feito de ter os corpos gravados en plano rebaixado.
Pero o máis interesante do conxunto aparece no terzo inferior: a figura dunha embarcación, un tema excepcional nos gravados galaicos. Malia que gravemente afectada na súa integridade por un acto vandálico que borrou a zona central da figura, o que sobrevive é a representación dun navío de casco curvo, con proa e popa elevadas, mastro colocado máis preto daquela que desta e os correspondentes estais. Todo –estilo iconográfico e características arquitectónicas– apunta á consideración de que o que está representado neste petroglifo é un navío de filiación mediterránea e de cronoloxía aproximada de finais do III Milenio a.C., perfectamente encadrable coa xeral da arte rupestre galaica. A presencia desta embarcación súmase ás evidencias arqueolóxicas que falan a prol da presencia de navegantes mediterráneos nas terras atlánticas cando menos dende estes tempos de introdución da metalurxia.
Tamén é interesante a presenza de pequenos petróglifos nos arredores de Auga dos Cebros, como a descuberta dunha espada de folla triangular.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/oia/2019/02/20/escuela-restauracion-hara-replica-grabados-barcos-oia/0003_201902V20C6991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As continuas crecidas do regato onde se atopa fan que o petróglifo se atope en constante deterioro pola acción das pedras que baixan coa corrente das augas.
Onde está localizado
Latitude: 42.0126881362Lonxitude: -8.87199640274
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
elixiovieites says:
Feb 14, 2012
En Carnota, petróglifo de Pedra Escrita, tamén podemos ver ese tipo de barcos. O panel cos debuxos está na segunda foto que representa o panel explicativo.
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/07/petroglifo-de-pedra-escrita/
Outros barcos en petróglifos de Oia, nunha noticia na prensa:
http://galego.farodevigo.es/gran-vigo/2011/05/03/misterio-barcos-oia/540996.html
Un saúdo
Manuel says:
Feb 14, 2012
O topónimo de Auga dos Cebros é inventado polos seus descubridores e está inspirado por outro topónimo: Auga da Laxe. A este petróglifo tamén se lle coñece como petróglifo do río Vilar que me parece máis correcto.
cirroestrato says:
Dec 31, 2012
a elixio, efectivamente son barcos, los de pedra escrita, pero en ningún caso se corresponden con el mismo tipo del grabado en oia, ni por tipología, ni por estilo, ni por cronología, el de oia es de una escepcionalidad única,los de oia, por que realmente hubo tres, que clama al cielo que ni esté catalogado por patrimonio ni haya un plan de protección, recuperación y puesta en valor. Repito es un ejemplo único y de una importancia realmente escepcional, sabemos que hubo contactos tempranos entre el mediterráneo y las áreas atlánticas, lo contaban las fuentes clásicas,se han descubierto cerámicas y otros elementos de procedencia oriental mediterránea, pero siempre quedaron un poco en el ambito del mito,o no sobrepasaban el s.V a III a.C. este petroglifo es una prueba irrefutable de contactos tempranos entre el mundo mediteráneo y el atlántico, tanto si lo que se representa es un navio Fenicio o un barco indígena influenciado por los tipos mediterráneos. De todas formas la cronología del III milenio me parece fuera de lugar, lo más probable es que nos movamos entorno al primer milenio a.C. y por ser prudentes , podría estar entre el 1.100 a 700 a.C. que ya es moverse mucho¡¡¡¡.
sobre este petroglifo y la grova en general:
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2012_03_01_archive.html
Xabier Moure says:
Mai 28, 2014
O día 15 de xullo de 2010 un veciño denunciou un novo atentado contra o petroglifo do Río Vilar, que foi cuberto con xeso e outros produtos abrasivos. Un mes despois, un verquido de cascallos procedentes do derrube dunha edificación complicou aínda máis o acceso ao xacemento, despositando os escombros ao longo duns trinta metros do camiño. Segundo recolle “La Voz de Galicia” do día 21 de agosto de 2010, preguntado o alcalde sobre a situación do petroglifo, respondeu: “En mi opinión, en la mayoría de los casos, se demuestra por la justicia que los denunciantes terminan siendo los responsables de los hechos”. Así que, en opinión deste home, as asociacións, colectivos, arqueólogos, etc. que vimos denunciando as agresións que de continuo está a sufrir o noso Patrimonio somos os causantes da desfeita! Sen comentarios.
Mais as perlas non rematan aí. Os traballos de preparación dunha plantación de kiwis destruíron as gravuras de Boaventura. O “Instituto de Estudos Miñoranos” presentou unha denuncia ante o Seprona o que obrigou á Dirección Xeral do Patrimonio a ordenar ao Concello a paralización das obras, mandato do que o alcalde fixo caso omiso, dicindo (cita textual recollida de “La Voz de Galicia”): “O único que pode paralizar a obra é o alcalde, e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser obstáculo”. As obras danaron, ademais, unha vila romana.
Mais continuemos: No mes de xaneiro de 2011, o fiscal de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente non observou como delicto a destrución dos petroglifos de Burgueira xa que, dixo, nin o Concello nin a empresa que realizou as obras coñecían a súa existencia. E o señor fiscal cre iso? O mesmo lle aconteceu, ao parecer (a pesares de estar inventariados) ao presidente da comunidade de montes de Burgueira que, mira que casualidade, tamén era o tenente de alcalde!
Oscar Franco says:
Set 29, 2015
Comezan unha campaña de crowfunding para protexer este xacemento único:
http://digventures.com/projects/costa-dos-castros/
Máis información na noticia da prensa escrita do 22 de setembro de 2015:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/09/22/pedornes-pide-ayuda-conservar-unico/1317922.html
Oscar Franco says:
Mar 3, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/02/saen-luz-os-segredos-da-pedra-que-garda-un-barco-de-hai-4-000-anos-en-oia/