Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Pedornes (San Mamede)
Lugar: O Viveiro
Outra denominación do ben: Petroglifo de Figueiredo - Petroglifo Auga dos Cebros
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O Petróglifo de Auga dos Cebros atópase nunha pedra plana cunha sensible inclinación ao poñente, inmediata ao regato Vilar. Nos dous terzos superiores do petróglifo aparece representadas unha grea de trece cervos como cruzando ao galope o escenario cara á dereita agás nun único caso. O modelo iconográfico destas figuras é o máis corrente na zona meridional do territorio da arte rupestre galaica, onde predomina un estilo local próximo ao esquematismo. Mención aparte merecen as tres figuras de maiores dimensións, que non se apartan das liñas xerais pero que presentan como particularidade o feito de ter os corpos gravados en plano rebaixado.
Pero o máis interesante do conxunto aparece no terzo inferior: a figura dunha embarcación, un tema excepcional nos gravados galaicos. Malia que gravemente afectada na súa integridade por un acto vandálico que borrou a zona central da figura, o que sobrevive é a representación dun navío de casco curvo, con proa e popa elevadas, mastro colocado máis preto daquela que desta e os correspondentes estais. Todo –estilo iconográfico e características arquitectónicas– apunta á consideración de que o que está representado neste petroglifo é un navío de filiación mediterránea e de cronoloxía aproximada de finais do III Milenio a.C., perfectamente encadrable coa xeral da arte rupestre galaica. A presencia desta embarcación súmase ás evidencias arqueolóxicas que falan a prol da presencia de navegantes mediterráneos nas terras atlánticas cando menos dende estes tempos de introdución da metalurxia.
Tamén é interesante a presenza de pequenos petróglifos nos arredores de Auga dos Cebros, como a descuberta dunha espada de folla triangular.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/oia/2019/02/20/escuela-restauracion-hara-replica-grabados-barcos-oia/0003_201902V20C6991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As continuas crecidas do regato onde se atopa fan que o petróglifo se atope en constante deterioro pola acción das pedras que baixan coa corrente das augas.


Onde está localizado

Latitude: 42.0126881362
Lonxitude: -8.87199640274
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84