Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa de San Pedro, Parque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cadrangular con tres chanzos e un pedestal, tamén cadrangulares, de dous corpos moi moldurados e cunha grande escocia. O varal é octogonal e pola zona do pedestal cadrangular e recadrado. Presenta un capitel cúbico con astrágalo circular liso e ábaco de lados rectos. Ademais, ten volutas, cunchas e querubíns. A cruz gótica con remates de forma potenciada.
Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas, inclinando a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O pano de pureza anoado diante, con dosel, e ós pés o Apóstolo Santiago e os seus discípulos San Teodoro e San Atanasio, ademais da Virxe e San Xoán.
Polo reverso da cruz presenta á Virxe co neno, con dosel e imaxes de San Pedro e San Paulo ós lados. A Dolorosa e dous anxos fican ós seus pés.
O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

José M. Laredo Verdejo, na súa obra “Os nosos cruceiros” (Boreal – Xuntanza Editorial) explica a historia deste cruceiro. Entre outros moitos datos indica:

“Hai algo máis dun século o Concello santiagués efectuou unhas obras na Porta do Camiño e, como “estorbaba”, tirárono despois de rompelo. Quedaron inservibles o pedestal e a columna, pero un cura párroco recolleu as pedras e trasladounas á súa freguesía, Sabugueiro, reinstalándoo á esquerda da estrada a Lugo, a uns 14 Kms. de Santiago; un lugar tranquilo, case perdido naquelas épocas e próximo a Lavacolla. Quedou alí durante case un século, sobre unha columna postiza, polo “amor a arte” daquel crego de apelido Caneda, que salvou da ruína a esta magnífica peza e, gracias a súa positiva acción, podemos contemplala nos nosos días.”

“Na época do Cardeal Quiroga Palacios intentouse recuperalo e, chegados ó lugar os encargados do traballo, atopáronse coa violenta oposición dos veciños que, despois dun século, consideraban seu o cruceiro. Oímos contar que tiveron que volver de noite e en secreto para podelo levar.”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-LAREDO VERDEJO,J.M.: “Os nosos cruceiros” (Boreal – Xuntanza Editorial).
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507813.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8820375042
Lonxitude: -8.53966265917
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84